Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Convocadas pola parroquia do Cristo da Victoria de Coia, a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais -Coia) e as xentes do G.A.S. (Grupo de Axitación Social) máis dun cento de persoas concentrámonos diante do Concello de Vigo para pedir respostas polas “vítimas do sistema, as vítimas das administracións, as vítimas da inxustiza”.

Na entrada da casa de todas as viguesas apareceu un cemiterio cheo das vítimas que sofren ante a falta de recursos, ante o medo aos cortes de luz ou auga por non poderes asumir o pagamento dos recibos, ante os atrasos das axudas sociais, ante os desafiuzamentos...

Deste xeito, a praza do Rei encheuse de siluetas que nos lembraban estas mortes. Pero tamén lembraban que os poderes, hoxe apuntabamos ao concello, esquécense destas vítimas negándolle a unha maioría crecente os dereitos sociais necesarios para vivir con dignidade.

O pasado venres presentamos en Compostela as xente de Baladre o estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza. Pola mañá o acto estivo dirixido aos medios de comunicación e pola tarde a colectivos e xente amiga.

A propósito da presentación do libro un compañeiro fixo esta serie de catro cartaces (podedes descargar aquí: flickr.com/photos/axluar/sets/72157632242431492) no que personalidades moi coñecidas piden que lles botemos unha man para a repartir a riqueza de todas. Pois nada as persoas que queiran botar unha man se lles apetece que usen a RBis para esta tarefa ;)

Achegamos un texto colgado en consumehastamorir.org de Marieta Manso / CHM / León a partires dunha foto tomada en Nicaragua:

"En la foto se ve un mural.

La imagen que está pintada es de antes y es de ahora. Es de otros lugares pero también de éste.

Una chica dijo: "Ya no quiero ver más murales como éste. Quiero que los que ganemos seamos otros".

Y se agarró del brazo de esos otros y empezó a caminar bien derecha.

Parecía que nada iba a pararles."

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e da xente do G.A.S. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

Non esteades impacientes! Este venres, 14 de decembro, todas aquelas que se acheguen a Compostela poderán ter nas súas mans un dos libros máis agardados do ano. O título: "Repartindo a Nosa Riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza".

Este libro recolle o traballo de varios anos das xentes de Baladre en Galiza co fin de demostrar a viabilidade económica, e tamén política, da proposta da Renda Básica das iguais.

Mari Fidalgo nun dos textos que abren o estudo propoñe esta reflexión:

"Unha comunidade está conformada por persoas que van actuar como forza de traballo e outras que non, xa sexa pola franxa de idade, estado físico ou ben por decisión propia. E todas precisan ser coidadas e ter garantidas unhas condicións de vida saudábeis. A condición de ser humano é o elemento primario da xeración de tal dereito e, a concepción da fraxilidade e interdependencia que caracteriza a nosa existencia, o sustrato para formular propostas que aborden a centralidade da vida como premisa para o reparto da renda e a xustiza social.

A xente de ASDECOBA en Salamanca remítenos o convite ao Encontro de Rendas Básicas que se vai celebrar en Salamanca. Aquí vai a convocatoria e o programa:

Achegamos o texto da convocatoria de cadea humana para este domingo en Coia (diante da parroquia do Cristo da Victoria) a partires das 13h00:

“POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE”. ESIXIMOS O INCREMENTO DO GASTO SOCIAL NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2013

Hai tempo que á Oficina de Dereitos Sociais de Coia e á Parroquia Cristo da Victoria se veñen achegando cada vez máis familias que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, experimentaron un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais. Familias que, desesperadas porque non atopan unha resposta xusta das administracións (que son as que teñen a obriga de velar por que sexan respectados os seus dereitos básicos), acoden a outros espazos, coma o noso, na procura de solucións ao empobrecemento crecente que padecen.

Compartimos a información que nos pasou unha compañeira que traballa no SERGAS.

Dende Asturies as compañeiras de Alambique fannos chegar a crónica da acción: GAS “PENOSA” DICE: SI NO TIENES INGRESOS “APAGA Y VAMONOS”. Como din na nota achegada: "En esta frase se resume la situación de muchas personas en estos momentos de crisis. Si no tenemos recursos económicos, aunque tengamos derecho a ellos, estamos condenados a la pobreza y la exclusión social."

A verdade é que moita xente está a chegar os luns falándonos de que os problemas de falta de recursos estanse a traducir en moitos casos en cortes de luz.

A pasada semana as xentes de Baladre xuntáronse en Asturies. Malia que nós non puidemos estar, as compas de Alambique fixeron esta crónica do encontro con todo detalle:

Durante este largo fin de semana, varias personas y colectivos participantes de Baladre hemos compartido en Gijón un nuevo encuentro para intercambiar, formarnos, planificar y sobre todo, para compartir apoyos y afectos. Hemos estado presentes distintos territorios del estado (Lugo, Canarias, Valladolid, Málaga, Salamanca, Aranjuez, Euskadi, Asturias…) y hemos echado en falta a otros que por diversas circunstancias no habéis podido acompañarnos, aunque habéis estado presentes, sin duda.