Axúdanos queremos devolver o que Roubamos! Por unha Renda Básica das Iguais en Galiza

O pasado venres presentamos en Compostela as xente de Baladre o estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza. Pola mañá o acto estivo dirixido aos medios de comunicación e pola tarde a colectivos e xente amiga.

A propósito da presentación do libro un compañeiro fixo esta serie de catro cartaces (podedes descargar aquí: flickr.com/photos/axluar/sets/72157632242431492) no que personalidades moi coñecidas piden que lles botemos unha man para a repartir a riqueza de todas. Pois nada as persoas que queiran botar unha man se lles apetece que usen a RBis para esta tarefa ;)

Lembramos que podedes mercar os libros en Vigo na ODS-Coia e na Cova dos Ratos a un prezo de 10€, e para as que o teñan máis complicado o poden pedir por correo aquí: planetafinito.org/index.php?page=shop.product_details&category_id=20&flypage=flypage.tpl&product_id=260&option=com_virtuemart&Itemid=12&vmcchk=1&Itemid=12