FENOSA

Tras o obradoiro impartido por María Campuzano da Alianza Contra a Pobreza Enerxética un grupo de persoas decidimos organizar unha mesa informativa baixo o lema: "Rematemos coa pobreza enerxética".

Dende hai tempo dende a ODS-Coia vimos comprobando como moitas persoas no noso entorno teñen serias dificultades para facer fronte ao pago dos recibos da luz e do gas.

Isto ven provocado por dous motivos que se acumulan: por uhna banda o desproporcionado importe das facturas, e por outra, a situación de precariedade económica na que conviven moitos fogares do noso Barrio.

Ante esta situación, e como parte dunha campaña de denuncia desta grave situación, quixemos afondar un pouco máis neste problema, que está a facer que moitas persoas véxanse privadas dun ben de primeira necesidade como a enerxía eléctrica, imprescindible para vivir en condicións dignas e saudables.

Achegamos o texto da campaña de denuncia ante os abusos das compañías de enerxía, neste caso facendo fincapé nos sufridos por parte de GAS NATURAL FENOSA:

Precisamos da luz para vivir, o que choca cos atrancos que compañías coma FENOSA nos poñen: subida de prezos, facturación abusiva, cortes, non negocian as débedas, desinformación...

Por todo isto a ODS-Coia e Parroquia do Cristo da Victoria decidimos orfanizar unha charla baixo o título: "Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía". Nela contaremos coa presenza de Rafael de Montis, experto en enerxía, que nos axudará a coñecer un pouco máis este mundo.

Se queres saber que che cobran na factura da luz, como solicitar o bono social, como defenderte dos seus abusos, alternativas máis xustas e económicas no subministración NON DUBIDES EN VIR!

Dende Asturies as compañeiras de Alambique fannos chegar a crónica da acción: GAS “PENOSA” DICE: SI NO TIENES INGRESOS “APAGA Y VAMONOS”. Como din na nota achegada: "En esta frase se resume la situación de muchas personas en estos momentos de crisis. Si no tenemos recursos económicos, aunque tengamos derecho a ellos, estamos condenados a la pobreza y la exclusión social."

A verdade é que moita xente está a chegar os luns falándonos de que os problemas de falta de recursos estanse a traducir en moitos casos en cortes de luz.