Dende hai tempo dende a ODS-Coia vimos comprobando como moitas persoas no noso entorno teñen serias dificultades para facer fronte ao pago dos recibos da luz e do gas.
Isto ven provocado por dous motivos que se acumulan: por uhna banda o desproporcionado importe das facturas, e por outra, a situación de precariedade económica na que conviven moitos fogares do noso Barrio.
Ante esta situación, e como parte dunha campaña de denuncia desta grave situación, quixemos afondar un pouco máis neste problema, que está a facer que moitas persoas véxanse privadas dun ben de primeira necesidade como a enerxía eléctrica, imprescindible para vivir en condicións dignas e saudables.
Neste contexto, pareceunos importante contar con información veraz sobre o consumo e a facturación da enerxía, cales son os dereitos cos que contamos, e as opcións de defensa que temos ante os abusos das grandes compañías.
Para isto, o pasado venres 5 de abril, organizamos unha charla nos locais da Parroquia Cristo da Victoria, na que contamos coa participación de Rafael de Montis, experto no tema de enerxía eléctrica e do gas.
A charla tivo boa resposta entre as veciñas do Barrio e acudiron á mesma máis de 70 persoas.
Rafael explicounos como funciona o actual sistema de distribución e comercialización da enerxía, de onde ven a luz e o gas que consumimos, cal é o custo verdadeiro dese consumo. Aclarounos conceptos relevantes á hora de contratar o servizo, como son os tipos de tarifa que existen, a posibilidade de elección de comercializadora, as posibilidades de aforro nos conceptos engadidos ao propio consumo, a tramitación e recoñecemento do denominado “bono social”, etc.
Finalmente, recordounos que, na situación de mercado actual, ao marxe de resposta formal e a posibilidade de defensa regulada quedaban reducidas ao mínimo.
Tamén contamos coa participación de persoas que emprenderon proxectos que intentan ofertar unha alternativa mais limpa, xusta e ecolóxica ao actual modelo de de oligopolio (SOM Enerxía), tales como cooperativas de traballo e a extracción de enerxía limpa.