Non pagas as medicinas se percibes a RISGA

Compartimos a información que nos pasou unha compañeira que traballa no SERGAS. Avísanos que as persoas que reciben a RISGA están exentas no pago das medicinas, malia que nas bases de datos da consellería figura que teñen que pagar xa que non meteron os datos.

Para facer a solicitude hai que seguir os seguintes pasos:

- Acudir ao centro de saúde co último certificado no que diga que percibes a RISGA.

- Encher o impreso de solicitude e entregalo no centro de saúde.

Unha vez que feito isto estarás exento no pago das medicinas.

Se queres contarnos como che foi este trámite para compartir a info, faino no mail: dereitossociais@gmail.com