Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Achegamos un novo texto de Xistra Souto que leva por título:

"Gabinete de comunicación"

O mesmo banqueiro que hai uns anos falaba nun inglés ridiculous, dicía hai uns meses o seguinte: “Es un momento fantástico para España, llega dinero de todas partes”.

O seu equipo de comunicación non funciona ben... a nós o seu sistema.

Volvemos a deixar un novo texto de Xistra Souto titulado "Goma".

Á volta da entrevista coa asistenta social atopo unha goma do pelo tirada no chan.

A recollo e comezo a fedellar con ela. Trato de saber canto a podo estirar.

Tras un rato ensimesmada volven palabras da asistenta: “no tenemos dinero”, “te tienes que arreglar con la RISGA”... Escoito aos nenos regresan da escola e lémbrome que comen na casa.

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: "Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos".

Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia...

Primeira semana de setembro e aínda están sen resolver as axudas do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación”, o coñecido como “cheque social”.

O artigo 13.5. das bases desta convocatoria sinala que “o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres (3) meses, contado desde a publicación da convocatoria no BOP”, pero todo indica, segundo sinalan responsables de benestar social, que, como xa aconteceu o ano pasado, incumprirán o establecido nas bases e a resolución non estará para o 17 de setembro, data na que expira dito prazo.

Compartimos un pequeno texto que nos achegou Xistra Souto titulado "Eles e nós".

"Eles e nós", Xistra Souto

Nós somos uns mentireiros e non nos deixamos axudar, por iso eles teñen que controlar en que malgastamos os poucos cartos que temos, marcar “distancia terapéutica”…

Tras o parón do verán retomamos a recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O barrio do Calvario é o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.

O venres 12 de setembro as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.

A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas.

Estamos en setembro e non queremos comezar o curso 2014/15 sen botar unha ollada ao que fixemos nos últimos doces meses.

Sen tratar de sermos exhaustivos aí van algunhas cousas:

- Asembleas quincenais en Coia os martes ás 17h00.

- Atencións no punto de información sobre dereitos sociais, reforzado este curso pola presenza de Esther e Raúl que abriron terreo na loita polos dereitos de todas desde o Dereito.

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade.

Segundo recollen as propias bases, as AEM teñen como finalidade: “Apoiar a aquelas persoas, familias ou colectivos que carecen de recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”. Sen embargo, a realidade é moi distinta.

As compas de el Kontrapunto (Málaga) fixeron un texto sobre os Puntos de Información sobre Dereitos Sociais para a Escola Social de Verán en Movemento de Baladre que vén de rematar hai uns días en Coia (Vigo). Pensamos que o texto pode ser moi útil para achegarse a esta ferramenta e tamén para explicar o que tratamos de facer na ODS-Coia nestes últimos anos.

Os Puntos de Información sobre Dereitos Sociais

A necesidade de crear Puntos de Información sobre Dereitos Sociais xorde da falta de información extensa e exacta sobre a maioría das axudas sociais (tanto as xestionadas polos concellos como as xestionadas polas comunidades autónomas).

O mércores 23 de xullo, xa entrada a noite, chegaban a Coia dende Compostela as xentes de Baladre para ir pechando unha semana de formación, de relacións, de es

Convocados pola "Asemblea de Movementos Sociais de Vigo" varios colectivos e persoas da cidade -ás que hai que engadir as xentes de Baladre que pechaban unha semana

A Asemblea de Movementos Sociais de Vigo -formada por diferentes colectivos: PAH, Imán, Favec, RSP- convoca unha concentración o vindeiro xoves 24 de xullo as 12:00h diante do Concello de Vigo, na praza do Rei.

O motivo é denunciar a situación de total indefensión e precariedade na que, as institucións públicas, deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide dispor do imprescindible para vivir con dignidade.

Ademais estaremos acompañadas polas xentes de Baladre que rematan as marchas de verán en Coia.