usuarios

Compartimos un pequeno texto que nos achegou Xistra Souto titulado "Eles e nós".

Eles e nós

Nós somos uns mentireiros e non nos deixamos axudar, por iso eles teñen que controlar en que malgastamos os poucos cartos que temos, marcar “distancia terapéutica”…

Nós non estamos adaptados á sociedade, por iso precisamos proxectos de inserción, cursos de habilidades sociais, obradoiros de procura de emprego…