mesa

Hoxe volvemos a sacar as mesas, os pregos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

Diante do Alcampo de Coia estivemos as xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do GAS de 10h00 a 13h00 recollendo ducias de sinaturas nunha mañá na que o tempo de outono respectou a nosa presenza.

Moitas persoas, hoxe moitas delas xubiladas, ademais de asinar e manifestar o seu apoio á iniciativa compartiron as súas inquedanzas, as súas dificultades... nuns momentos nos que o deterioro das condicións de vida afoga a moitos fogares.

Tras o parón do verán retomamos a recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O barrio do Calvario é o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.

O venres 12 de setembro as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.

A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas.

Este sábado 21 de xuño Coia está de festa! Celebramos a Festa de A Bouza, na carballeira deste espazo verde que foi salvado do cemento pola veciñanza.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. tamén participaremos nesta romaría cunha mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Dende as 12h00 ata o peche de festa, teremos habilitado un espazo onde ademais de asinar poderedes atopar información e materias sobre a Renda Básica das Iguais.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria, Movemento Cidadán "O noso barrio", Rueiro e Dorna convidamos a que participedes nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2013.

Dentro das actividades programadas nos destacamos dúas, unha o venres e outra na propia data da festa, o sábado 15:

- Proxección do documental “Con el Corazón en la Calle" e coloquio, venres 14 ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).

O documental rodado en Zaragoza "narra en primera persona y hablando desde el corazón las experiencias de un grupo de personas vinculadas a diferentes movimientos sociales entre el año 1975 y el año 2000. Centrando la atención más en el cómo y el porqué que en el cuándo y en el cuánto, el documental pretende ofrecer una mirada personal y subjetiva a la historia de las luchas sociales de estos 25 años de transición ‘pacífica y democrática’.