Hoxe volvemos a sacar as mesas, os pregos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
Diante do Alcampo de Coia estivemos as xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do GAS de 10h00 a 13h00 recollendo ducias de sinaturas nunha mañá na que o tempo de outono respectou a nosa presenza.
Moitas persoas, hoxe moitas delas xubiladas, ademais de asinar e manifestar o seu apoio á iniciativa compartiron as súas inquedanzas, as súas dificultades... nuns momentos nos que o deterioro das condicións de vida afoga a moitos fogares.
O martes 11 estaremos coa xente do Foro Galego de Inmigración diante do edificio da Xunta en Vigo denunciando ás discriminacións ás persoas migrantes no acceso ás prestacións sociais.
Podedes ver algunhas imaxes da recollida: https://www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157649165669412