Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Rake, unha compañeira, achéganos este texto que leva por título: "Acceso aos recursos i execución de dereitos das mulleres vítimas de violencia".

O sistema económico-social actual permite e lexitima a violencia cara ás mulleres e cara as súas crianzas. Un sistema que se “regodea” en repetir todos os recursos que existen para erradicar a violencia. Pero son recursos escasos e mal xestionados.

É habitual que teñamos que escoitar valoracións como que “este ano hai menos asasinatos”, “existen máis recursos dende a Administración”, pero na realidade son datos enmascarados, xa que a Administración non contabiliza todos os casos de asasinatos, non contabilizan os casos que non necesitan hospitalización, non contabilizan as mulleres asasinadas mentres exercen a prostitución, nin as nenas e nenos que son asasinados polo seu proxenitor, nin se morren con posterioridade polas secuelas causadas.

Xa son públicas as bases das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) para o ano 2015, pódense consultar na web do concello neste enlace: https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/getarchivo.jsp?id=117&tipo=or...

Malia seren aprobadas na xunta de goberno do 30/12/14, non foron subidas á web até a terceira semana do mes de xaneiro de 2015. Días antes, o 10/01/15, fixeramos unha petición no rexistro para que se fixeran públicas as citadas bases; e días anteriores o xefe de servizo do departamento de Benestar Social, en conversa telefónica, non soubo dicir cando as ían facer públicas.

Os medios alternativos, e tamén os convencionais, seguen interesados na loita veciñal na rotonda de Coia.

O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 da mañá.

Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.

Compartimos unha listaxe de axudas para mulleres que sofren violencia machista. En breve tentaremos procurar axuda para facer algo máis exhaustivo:

- Axudas periódicas: http://igualdade.xunta.es/gl/axudas/axudas-periodicas-para-mulleres-viti...

- Pagamento único: http://igualdade.xunta.es/gl/axudas/axuda-de-pago-unico-e-indemnizacions...

- Renda Activa de Inserción (RAI): http://www.sepe.es/contenidos/personas/prestaciones/he_dejado_cobrar_par...

- Inserción Laboral: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2006/20060510/AnuncioC102_gl.html

Informamos que até o 19 de febreiro está aberto o prazo para solicitar na Xunta de Galicia as novas axudas ao aluguer de vivendas. Achegamos a orde publicada no DOG na que están as solicitudes e un documento informativo que dan nas oficinas de vivenda da Xunta.

Tomamos a información ofrecida polo Concello de Porriño sobre esta convocatoria: "...abriu o prazo para solicitar as novas axudas ao aluguer de vivendas. Esta liña de subvencións inscríbese no marco normativo do "Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas 2013-2016", dirixido a facilitar o acceso e permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación con escasos medios económicos.

Málaga, 20 de enero de 2015 . Nos reunimos una decena de personas en la guarida del PSOE, que está en una tranquila y poco concurrida zona de Málaga. Colocamos nuestra pancarta, y con megáfono en mano empezamos a explicarles la injusticia que están acometiendo sus compañeros de partido en Vigo. Gritamos: “No puedes ser los euros para la rotonda y la gente sin comer” “PSOE/PP la mafia en el poder” “La Represión no es la solución”. Una compañera gritaba: “¡¡¡La gente no puede comer barcos!!!!”

Achegamos a convocatoria da Asemblea Aberta de Coia que convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA AS

Un ano máis, desde a Oficina de Información e Denuncia sobre Dereitos Sociais la Espiral bota unha ollada ao ano 2014 cunha valoración da súa actividade ao longo deste

Achegamos o COMUNICADO lido onte na rotonda ao rematar a mani:

Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI SE PODE!