Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Partillamos unha entrada do blogue: vagosymaleantes.com que leva por título: "Los mitos a examen. Empezamos". Así presentan os seus editores, Carlos Delclos (@carlosdelclos), Albert Sales (@albertsc79), esta interesante proposta:

"En un momento en que las políticas públicas y, en especial, las que afectan a lxs invisibles de nuestras sociedades, se planifican y ejecutan sin más orientación “científica” que la que surge de los think tanks neoliberals, lanzamos una propuesta de divulgación científica. En el blog “Vagos, maleantes, putas e inmigrantes” desmontaremos los mitos que justifican la guerra contra “los pobres”."

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9h30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos "exemplarizantes" para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

O pasado 15 de novembro o concello galego de Teo acolleu unhas xornadas pola Renda Básica Universal.

Os vindeiros días 6, 7, 13 e 14 de marzo temos o pracer de convidar a toda a veciñanza de Vigo ás primeiras xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, que se van desenvolver no C.S. A Revolta do Berbês grazas á colaboración dos colectivos Xentrificación Vigo, GAS, LAPSUS e a ODS-Coia. Estas xornadas están pensadas como un punto de encontro e de posta en común para repensarmos, desde o colectivo e dun xeito crítico, os procesos de transformación social e urbana que están acontecendo no centro histórico da nosa cidade. Procesos que están a provocar a expulsión e marxinalización de colectivos sociais presentes no barrio durante anos, asi como a suba dos prezos das vivendas e dos alugamentos, ademais da comercialización e turistificación da maior parte do barrio.

A Asemblea Aberta de Coia convoca á cidadanía a participar nunha concentración baixo o lema: “A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras”.

O luns 23 de febreiro ás 10:30 diante do Concello de Vigo volvemos á praza do Rei, nun día de pleno municipal, para representar aquelas situacións de pobreza que o goberno municipal, e tamén o autonómico, queren tapar con mentiras e medias verdades.

Achegamos un texto que ven de publicar a revista Irimia e que leva por título: "A loita pola Renda Básica das iguais e a rotonda de Coia".

Nos primeiros días de decembro un barco e unha rotonda saltaron aos medios como noticia e convertéronse en tema de conversa para a xente.

O conflito é coñecido. Unha parte da veciñanza, apoiada por partidos e movementos sociais, oponse á instalación do “Bernardo Alfageme” na rotonda de Coia debido ao elevado custo da obra -de dubidosa legalidade e que investiga a Fiscalía. Os motivos deste rexeitamento resúmeos un dos seus cánticos: Non pode ser, os cartos na rotonda e a xente sen comer!

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza.

Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás compañeiras detidas no barrio de Coia en Vigo por defender os dereitos sociais e o noso total rexeitamento ás políticas de represión exercidas neste caso e noutros de todo o estado español.

O mércores 11 de febreiro, ás 10:30, celébrase o xuízo contra Xurxo nos xulgados de Vigo. Este compañeiro é unha das tres persoas imputadas debido á resistencia veciñal na rotonda de Coia.

Desde Asemblea Aberta de Coia acompañaremos a Xurxo nesa data tan importante. Desde as 9:30 temos convocada unha concentración nas portas dos xulgados de Vigo da rúa Lalín para amosar todo o noso apoio e agarimo a Xurxo.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, quere acalar a loita veciñal na rotonda, e non ten problema en empregar á policía local para os seus fins.

Hai unhas semanas, chegounos unha consulta a través do mail da ODS. Dicía así: