Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Nosotras las personas o programa de Baladre en Radio Pimienta entrevista esta semana a Emilio e Juan. Os presentan coma "dos históricos militantes del barrio de Coia en Vigo". O noso barrio está, nestes días, de actualidade debido á resistencia veciñal na rotonda de Castelao. Unha loita que non se pode entender sen as dinámicas comunitarias dunha parroquia que leva corenta anos da man da veciñanza.

Aconsellamos que escoitedes este programa que permite coñecer mellor a estes dous amigos e tamén algunhas das dinámicas veciñais que nos levaron ao estoupido de mobilizacións que trouxo nas últimas semanas a rotonda.

O audio o tedes pinchando neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2015-01-13_espCOIA.mp3

Desde a ODS-Coia animamos tamén a participar na manifestación. Deixamos a nota de prensa:

Publicamos "Concello de Vigo: Máis cheque social?" texto que asina Pablo Eifonso e que o recollemos do facebook de Vigoblog En Vigo. Pensamos que este texto pode animar reflexións moi necesarias para a cidade en moitos e diversos terreos.

Concello de Vigo: Máis cheque social?

Penso que o cheque social non é ningunha solución -nin tan sequera a curto prazo- e, de feito, pode acabar sendo un elemento contraproducente. De feito, teño a impresión de que o acaba é producindo é substitución dos servizos por unha sorte de caridade pública.

Este novo ano 2015 trae á xente de Vigo a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! Unha nova ferramenta para axudarnos a afrontar esta vida de crises e privacións que afecta todos os ámbitos das nosas vidas.

A guía de axudas sociais foi elaborada pola xente da ODS de Coia para que as persoas que o precisan poidan manexarse co muro de burocracia e recortes que as administracións opoñen á xente de todo tipo. Xente que nestes momentos necesita solicitar esas axudas públicas, axudas que son dereitos que todas temos e que ás veces parece que os gobernantes nolas presentan como caridade.

Na ODS-Coia comezamos o 2015 coa estrea dunha nova ferramenta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

A podedes descargar neste enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Polo momento só en formato dixital, pero en breve tentaremos tela en papel!

Deixamos a introducción da mesma para que vos fagades unha idea do que atoparedes nestas 27 páxinas:

As compas de Berri-Otxoak dino así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Cara a finais do verán a Xunta de Galicia aprobou unha partida orzamentaria (5 millóns de euros) para a contratación de persoas que cobraban a RISGA por parte dos conce

Achegamos a crónica que a xente amiga de Alambique en Asturies publicou no seu blogue. Todo o noso ánimo para elas e para a súa loita.

Onte a avenida de Castelao foi tomada por unha gran manifestación na que expresamos o "cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas".

Como titulaba un medio dixital "o ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza", quen manifestou con claridade que o Bernardo Alfageme non chegará á rotonda e que os cartos de todas teñen que estar ao servizo das necesidades das persoas.

O VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!

Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e dando lectura ao manifesto.

O goberno municipal quere chantar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal.

Cancelamos o acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica que tiñamos convocado para mañá venres 5 de decembro.

Nos últimos tempos o alcalde repite como unha ladaíña esta mensaxe: “Vigo es el Ayuntamiento con más política social de España". Propaganda, simulación, mentira... para quen sufrimos estas políticas é o que nos ven á mente ao escoitaren as palabras de Caballero.

Din que destinan unha fartura de cartos ás políticas sociais, como se non soubesen que cada día máis persoas acudimos aos servizos sociais e alí nos atopamos co labirinto da exclusión social. Un labirinto feito a base de “non hai cartos”, de semanas de agarda por unha cita coa traballadora social, de moreas de requisitos; por nomear algúns dos atrancos que os poderes utilizan ao relacionarse coa xente máis empobrecida.

Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: "Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos".

Dito obradoiro celebrarase o venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo).

Esta actividade dirixida a todas aquelas persoas que sofren problemas para chegar a fin de mes, ante esta situación animamos a informarse sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia...