Informamos que até o 19 de febreiro está aberto o prazo para solicitar na Xunta de Galicia as novas axudas ao aluguer de vivendas. Achegamos a orde publicada no DOG na que están as solicitudes e un documento informativo que dan nas oficinas de vivenda da Xunta.
Tomamos a información ofrecida polo Concello de Porriño sobre esta convocatoria: "...abriu o prazo para solicitar as novas axudas ao aluguer de vivendas. Esta liña de subvencións inscríbese no marco normativo do "Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas 2013-2016", dirixido a facilitar o acceso e permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación con escasos medios económicos.
Esta subvención, de marcado carácter social, supoñerá aos beneficiarios unha axuda de ata o 40% da renda anual que deban abonar polo aluguer da súa vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 200 euros mensuales por vivenda e de 2.400 por ano. Cabo destacar que, segundo establece a convocatoria, o custo máximo do aluguer non pode superar os 500 euros.
Poderán beneficiarse desta axuda calquera persoa que viva en réxime de aluguer ou que teña pensado facelo, a condición de que non teña relación de parentesco co propietario da vivenda e non sexa usufructuario dalgunha.
Na convocatoria considéranse colectivos preferentes ás familias numerosas, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidad e persoas afectadas por desfiuzamentos.
O prazo de inscripción finaliza o 19 de febreiro".