aluguer

Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno.

Partillamos un manual feito pola veciñanza do barrio de Sant Antoni en Barcelona que leva por título "Manual de defensa do arrendatario".

Informamos que até o 19 de febreiro está aberto o prazo para solicitar na Xunta de Galicia as novas axudas ao aluguer de vivendas. Achegamos a orde publicada no DOG na que están as solicitudes e un documento informativo que dan nas oficinas de vivenda da Xunta.

Tomamos a información ofrecida polo Concello de Porriño sobre esta convocatoria: "...abriu o prazo para solicitar as novas axudas ao aluguer de vivendas. Esta liña de subvencións inscríbese no marco normativo do "Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas 2013-2016", dirixido a facilitar o acceso e permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación con escasos medios económicos.

O pasado luns 7 de maio a xerencia de urbanismo do concello de Vigo facía publico o listado provisional de admitidos e excluídos da convocatoria de adxudicación de 28 vivendas en réxime de aluguer de propiedade municipal en Navia.

Esta lista era moi esperada, xa que o prazo de presentación de solicitudes para estas vivendas rematara o 16 de xuño de 2011. En total se sorteaban 28 vivendas en réxime de aluguer con prezos entre os 116 e os 166 €/mes para unidades familiares con ingresos anuais inferiores ao 2,5 do IPREM (igual a 18.527,13 € para unha persoa e co tope de 26.467,34 € no caso das unidades familiares máis numerosas).