Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno. Co obxectivo de avanzar na reivindicación colectiva dos nosos dereitos convidamos a unha compañeira do Sindicat de Llogaters de Barcelona para falar sobre a súa experiencia neste sindicato. Estes sindicatos nacen "como una iniciativa transversal pero con una clara conciencia política y colectiva. Queremos aglutinar a los y las vecinas que vivimos o queremos vivir de alquiler, tanto en viviendas del mercado privado como público, para reivindicar conjuntamente nuestros derechos e incidir en todos los ámbitos administrativos y de gobierno".
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Mos, Tui e BaixoMiño xunto á ODS-Coia organizamos unha palestra baixo o título: "Sindicatos de inquilinas. En defensa dun alugueiro xusto!". Será o xoves 14 de marzo ás 19:30 e contaremos coa presenza de Nùria Comerma i Cortada, activista do Sindicat de Llogaters de Barcelona. O acto celebrarase nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).
Se no teu día a día tes dúbidas coma estas: Non atopas vivenda en aluguer? Coa RISGA, PNC, RAI ou subsidio non achas vivenda? Non teño nómina, nin aval polo que ninguén me aluga? Acode e difunde esta palestra, xa que entre todas trataremos de resolver estas dúbidas e facer do teu caso individual un problema colectivo.