xulgado

O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 da mañá.

Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.