Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Dende hoxe e ata o 14 de xullo pódense entregar no rexistro do concello de Vigo a solicitude do coñecido como "cheque social". Hai uns días publicabamos un texto no que faciamos unha valoración desta convocatoria bautizada como "Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación- 2014”.

Tedes a valoración que fixemos na entrada titulada "O cheque social ou como nos dan gato por lebre".

As solicitudes, no caso de entregar a documentación completa, pódense entregar ademais de no rexistro na UTS de Coia e de Rivera Atienza. E no concello en horario de tarde (pensamos que de 16:30 a 18:30) tamén informan e recollen solicitudes.

Con data de 12 de xuño foi publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia un acordo aprobado por unanimidade no que os grupos con representación no parlamento galego instan á Xunta de Galicia (e tamén aos concellos) a que “axilice” a tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e das axudas de inclusión social para cumprir os prazos que marca a normativa vixente. Igualmente, a proposta aprobada pide á Xunta que a todas as persoas que solicitaran a RISGA a través da Lei de Inclusión Social e estean a esperar pola resolución, superados os tempos legais establecidos (dous meses), lles sexa recoñecido o dereito á percepción da renda por silencio administrativo. Finalmente, o acordo reclama que todas as solicitudes rexistradas antes do 31 de marzo deste ano se resolvan nun prazo máximo de dous meses.

Tras analizar as bases do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación- 2014”, coñecido como “cheque social”, aprobadas en Xunta de Goberno extraordinaria o pasado 30 de maio, sentímonos na obriga de denunciar que, como resposta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a cidadanía, este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos.

No contexto dunha situación de precariedade e empobrecemento crecentes da poboación, con 35.000 persoas desempregadas e 3.000 expedientes de axudas de emerxencia municipais bloqueados, a diminución do orzamento en máis dun 40% e o endurecemento das esixencias para acceder a estas axudas resulta dunha falta de sensibilidade e unha irresponsabilidade abraiantes.

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

En so tres días temos acadado en torno a mil firmas de veciñas e veciños da nosa cidade. Porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer tamén na ODS-Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo), todos os luns de 17h00 a 19h00.

Esta mañá a Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e GAS concentrámonos, de novo, xunto a entrada da delegación de Facenda en Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica.

A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.

E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal.

Mari Fidalgo, Alicia Alonoso e Rosa Zafra. Tres compañeiras de Baladre que veñen de parir colectivamente un libro moi agardado: "Renda Básica de las Iguales y feminismos. De la centralidad del empleo a la centralidad de la vida". Ademais o prólogo está escrito por Yayo Herrera.

Podedes vos facer cun destes libro ao prezo de 3€. Achegamos a ficha da publicación:

"Este libro es fruto de la práctica cotidiana y la reflexión conjunta, colectiva y horizontal. Hecho con amor, cuidado, apoyo mutuo y mucha rebeldía.

Algunhas fontes falan que no que vai de ano apenas concedéronse RISGAs. Non sabemos se a entrada en vigor da nova lei, o aumento do número de solicitudes, a mala xestión, a falta de cartos...

Centos de persoas asinaron ás portas da delegación de Facenda en Vigo para que o dereito a vivir dignamente sexa unha realidade para todas. Un dos vieiros para facermos posible este dereito pode ser a Renda Básica, que quere chegar ao parlamento por medio dunha Iniciativa Lexislativa Popular da man de moitas persoas e colectivos.

ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria xuntámonos, outra vez, para dar a coñecer a proposta da Renda Básica. Á entrada da delegación de facenda puxemos mesas, cadeiras, pancartas... e comezamos coa recollida de sinaturas. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

Nosotras las personas viaxa esta semana a Galiza para falar coas compañeiras Marta e Cristina, da asociación Kanguras, criando en brazos. Elas falarán das necesidades de coidados das crianzas, de partos, da renda básica das iguais e de moitas máis cousas interesantes para a vida.

Logo da entrevista o programa achéganos á poeta chiapaneca e activista feminisita, Rosario Castellanos. E como peche presentan a publicación "Cuando los cultivos alimentan los coches".

Podedes escoitar/descargar o audio do programa neste enlace: audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2014-05-27

Os nosos parabéns para as compañeiras de Asturies que promoven a loita/resistencia colectiva fronte a problemas sociais, que por desgraza tamén padecemos por estas terras. Vai a convocatoria:

Desde el pasado 13 de mayo un grupo de personas afectadas por la mala gestión de las medidas puestas en marcha por la administración asturiana y la del ayuntamiento de Gijón nos reunimos para compartir los problemas que nos estamos encontrando.

Deixamos un texto de Mari FIdalgo que leva por título "Renta Básica de las Iguales y Feminismos: puntos de encuentro... ¡y caminos por recorrer!":

“O feminismo está a pasar por aquí”, nos advierten los muros de las ciudades, uno de los canales de comunicación más propios de la acción política subversiva.

También pasó el feminismo por el espacio de coordinación Baladre. Y desde aquel encuentro ya nada fue como antes.

Allá por los años 80, en la ciudad de Gasteiz, la Asamblea de Paradas inició un largo proceso de lucha como respuesta a un contexto socioeconómico y político marcado por el desempleo, la precariedad, la exclusión y la represión donde comienzan a reflexionar sobre determinados temas; la diferencia entre trabajo y empleo, el papel del trabajo reproductivo para el sostenimiento de la comunidad o la división sexual del trabajo.