Centos de persoas asinaron ás portas da delegación de Facenda en Vigo para que o dereito a vivir dignamente sexa unha realidade para todas. Un dos vieiros para facermos posible este dereito pode ser a Renda Básica, que quere chegar ao parlamento por medio dunha Iniciativa Lexislativa Popular da man de moitas persoas e colectivos.
ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria xuntámonos, outra vez, para dar a coñecer a proposta da Renda Básica. Á entrada da delegación de facenda puxemos mesas, cadeiras, pancartas... e comezamos coa recollida de sinaturas. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.