Aberto o prazo para solicitar o "cheque social" do concello

Dende hoxe e ata o 14 de xullo pódense entregar no rexistro do concello de Vigo a solicitude do coñecido como "cheque social". Hai uns días publicabamos un texto no que faciamos unha valoración desta convocatoria bautizada como "Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación- 2014”.

Tedes a valoración que fixemos na entrada titulada "O cheque social ou como nos dan gato por lebre".

As solicitudes, no caso de entregar a documentación completa, pódense entregar ademais de no rexistro na UTS de Coia e de Rivera Atienza. E no concello en horario de tarde (pensamos que de 16:30 a 18:30) tamén informan e recollen solicitudes.

Achegamos as bases e a solicitude, e un enlace á nova publicada na web do concello: http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=19962