alcampo

Tras unha pequena pausa a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O venres 7 de novembro de 10h00 a 13h00 montaremos unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas.

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

En so tres días temos acadado en torno a mil firmas de veciñas e veciños da nosa cidade. Porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer tamén na ODS-Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo), todos os luns de 17h00 a 19h00.