A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: "Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos".
Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).
Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia...
Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender nas dependencias dos servizos sociais.