A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: "Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos".

Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia...

Primeira semana de setembro e aínda están sen resolver as axudas do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación”, o coñecido como “cheque social”.

O artigo 13.5. das bases desta convocatoria sinala que “o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres (3) meses, contado desde a publicación da convocatoria no BOP”, pero todo indica, segundo sinalan responsables de benestar social, que, como xa aconteceu o ano pasado, incumprirán o establecido nas bases e a resolución non estará para o 17 de setembro, data na que expira dito prazo.

clasificacion: 

Compartimos un pequeno texto que nos achegou Xistra Souto titulado "Eles e nós".

"Eles e nós", Xistra Souto

Tras o parón do verán retomamos a recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O barrio do Calvario é o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.

O venres 12 de setembro as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.

A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas.

clasificacion: 

Estamos en setembro e non queremos comezar o curso 2014/15 sen botar unha ollada ao que fixemos nos últimos doces meses.

Sen tratar de sermos exhaustivos aí van algunhas cousas:

- Asembleas quincenais en Coia os martes ás 17h00.

- Atencións no punto de información sobre dereitos sociais, reforzado este curso pola presenza de Esther e Raúl que abriron terreo na loita polos dereitos de todas desde o Dereito.

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade.

Segundo recollen as propias bases, as AEM teñen como finalidade: “Apoiar a aquelas persoas, familias ou colectivos que carecen de recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”. Sen embargo, a realidade é moi distinta.

As compas de el Kontrapunto (Málaga) fixeron un texto sobre os Puntos de Información sobre Dereitos Sociais para a Escola Social de Verán en Movemento de Baladre que vén de rematar hai uns días en Coia (Vigo). Pensamos que o texto pode ser moi útil para achegarse a esta ferramenta e tamén para explicar o que tratamos de facer na ODS-Coia nestes últimos anos.

Os Puntos de Información sobre Dereitos Sociais

A necesidade de crear Puntos de Información sobre Dereitos Sociais xorde da falta de información extensa e exacta sobre a maioría das axudas sociais (tanto as xestionadas polos concellos como as xestionadas polas comunidades autónomas).

O mércores 23 de xullo, xa entrada a noite, chegaban a Coia