Achegamos o texto lido hoxe no acto de entrega colectiva do ticket eléctrico na delegación da consellería de industria en Vigo:

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DA XUNTA: a pobreza enerxética como propaganda

No mes de agosto a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar o TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA. Segundo a Xunta unha medida para paliar as consecuencias da pobreza enerxética, pero á vista das contías da axuda e dos atrancos para tramitar dita axudas moitas persoas pensamos que estamos ante unha medida propagandística.

Compartimos esta convocatoria cidadá na que animan a facer unha entrega colectiva do Ticket Eléctrico na Xunta de Galicia en Vigo.

O acto será o LUNS 24 novembro a partires das 11:00 na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Achegamos a nota de prensa:

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL da Xunta: a pobreza enerxética como propaganda

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desprega políticas sociais miserentas e ineficaces, nesta ocasión coa convocatoria dunha subvención para o pagamento da enerxía eléctrica: o chamado TICKET ELÉCTRICO SOCIAL.

Achegamos un artigo que leva por título: "25 anos de Rendas Mínimas no Estado español: Das rendas mínimas á Renda Básica das Iguais e moito máis" escrito por Enrique García Escamilla, María Arrabal

Ningunha persoa sen dereitos! Foi un dos berros máis repetidos esta mañá na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo.

Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas migrantes comunitarias no acceso á RISGA.

As restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación: devolucións en quente, redadas, deportacións masivas...

Non cabe dúbida de que o carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea cada vez faise máis patente.

A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” ou a recente posta en marcha da operación Mos Mairoum, macrorredada ideada polas institucións da Unión Europea (UE) co pretexto de combater as mafias e grupos delituosos, dan boa mostra diso.

Achegamos o programa dunha xornadas sobre Renda Básica na que participan

Hoxe volvemos a sacar as mesas, os pregos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

Diante do Alcampo de Coia estivemos as xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do GAS de 10h00 a 13h00 recollendo ducias de sinaturas nunha mañá na que o tempo de outono respectou a nosa presenza.

Moitas persoas, hoxe moitas delas xubiladas, ademais de asinar e manifestar o seu apoio á iniciativa compartiron as súas inquedanzas, as súas dificultades... nuns momentos nos que o deterioro das condicións de vida afoga a moitos fogares.

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Soc