propaganda

Compartimos esta convocatoria cidadá na que animan a facer unha entrega colectiva do Ticket Eléctrico na Xunta de Galicia en Vigo.

O acto será o LUNS 24 novembro a partires das 11:00 na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Achegamos a nota de prensa:

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL da Xunta: a pobreza enerxética como propaganda

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desprega políticas sociais miserentas e ineficaces, nesta ocasión coa convocatoria dunha subvención para o pagamento da enerxía eléctrica: o chamado TICKET ELÉCTRICO SOCIAL.