Achegamos o programa dunha xornadas sobre Renda Básica na que participan Beatriz e Manolo compañeiras da ODS-Coia e de Baladre respectivamente.
As xornadas están organizadas polo Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela en colaboración co Grupo da Esquerda Unitaria Europea (AGEE).
VENRES 14 DE NOVEMBRO
Acto público con:
DANIEL RAVENTOS - Profesor do departamento de teoría sociolóxica, filosofía do dereito e metodoloxía das ciencias sociais, na facultade de Economía e Empresa da Universidade de Barcelona.
LIDIA SENRA- Eurodiputada.
EVA LOPEZ- Educadora social e membro do Colectivo pola RBU.
Hora: 20h.
Lugar: Hotel Compostela (praza de Galliza). Santiago de Compostela
SABADO 15 DE NOVEMBRO
Xornada Formativa (de 10 a 14h). Dirixida a toda a xente interesada no tema da Renda Básica Universal e a súa concreción dende os ambitos locais ou municipais.
10h a 11:30 - A renda Básica: unha visión global:
DANIEL RAVENTOS: Profesor na U.B.
MANOLO SAEZ: Dinamizador social e membro da organización Baladre
LIDIA SENRA: Eurodiputada
11:45 a 12:45: Renda Básica e políticas municipais de Benestar.
IGNACIO IGLESIAS: Concelleiro do departamento de Benestar no Concello de Teo.
BEATRIZ LORENZO: Activista social e membra da ODS-Coia en Vigo.
JOSE ANTONIO RAMIREZ: Mediador social e membro dos colectivos ENCONTRO e BOA VIDA, en Pontevedra.
LETICIA CASTRO: Traballadora na oficina de inclusión social en Ames.
EVA LOPEZ: Educadora social e membro do Colectivo pola Renda Basica Universal en Compostela.
12:45 a 14:30: Debate entre todas as persoas asistentes.
Lugar: Casa común no concello de Teo.