Tras unha pequena pausa a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O venres 7 de novembro de 10h00 a 13h00 montaremos unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas.

clasificacion: 

Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros).

As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria na que cada día vivimos máis persoas alporízannos, e moito. Mentres eles enchen titulares falando das bondades da súa merda de política social nós padecemos os seus plans de inclusión, de emprego, de vivenda... que lonxe de eliminar a desigualdade e a inxustiza, perpetúan a pobreza ao mesmo tempo que fan medrar os privilexios -e contas bancarias- dunha minoría.

Achegamos un artigo que leva por título: "Loitar contra a pobreza desde o ámbito municipal" de Albert Sales. Se queredes coñecer máis de Albert visitade o seu blogue: albertsales.wordpress.com.

Los dispositivos de los Estados del Bienestar no lograron acabar con la pobreza en las sociedades opulentas occidentales. A pesar de los mecanismos de redistribución de rentas, los sistemas de protección social y una amplia gama de servicios públicos que incluían los servicios sociales, la pobreza continuó afectando a una parte de la población excluida del mercado laboral y de las prestaciones públicas que se derivaban del trabajo asalariado.

Debido ao mal tempo cancelamos onte os actos previstos para celebrarmos o Día contra a riqueza 2014.

A Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

Volvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que rebautizamos o ano pasado como "Día contra a riqueza".

Alporiza sufrir unha mala lei e unha peor aplicación. Falamos da nova lei da RISGA.

clasificacion: 
Etiquetas: 

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor unha nova lei de RISGA.