Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insu

Esta martes 23 de setembro, as compañeiras da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS Coia), da parroquia do Cristo da Vitoria e e do Grupo de Axitación Social (GAS) continuamos coa campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular por unha RENDA BÁSICA ESTATAL.

Nesta ocasión, colocamos a mesa aproveitando o derbi entre o Deportivo e o Celta, nas inmediacións do Estadio de Balaídos, de 19h30 a 21h00.

O pasado venres 19 de setembro ao redor de corenta per

Como lembramos noutras ocasións nas mans do departamento de Benestar Social do concello de Vigo está que accedamos (ou non) ás escasas axudas sociais existentes, tanto da Xunta como do propio concello. Os meses de agarda por unha RISGA, polo “cheque social”, por unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM)… súmanse ás distintas violencias que sofren acotío cada vez máis persoas: precariedade, recortes, desemprego, desmantelamento dos servizos públicos…

clasificacion: 

Un novo texto de Xistra Souto titulado "María Francisca". Un xesto cotiá como recoller unha carta da caixa de correo pode vir cargado de moita violencia...

María Francisca

O problema non foi tanto que me denegaran o subsidio “por superar ingresos a unidade familiar” senón que á miña caixa de correo nunca chegan cartas para Paquita.

clasificacion: 

O martes 23 de setembro moitas persoas na Galiza estarán pendentes do derbi que xogan Celta e Dépor no estadio de Balaídos. As xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do G.A.S. queremos aproveitar esta festa do fútbol galego para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

Antes do partido, de 19:30 a 22:00, montaremos unha mesa -á altura da rúa Manuel de Castro 21 (preto da grada de Tribuna)- co obxectivo de recoller firmas a prol da Renda Básica.

Neste derbi queremos facer visible a importancia de tirar abaixo o capitalismo. O fútbol nestes momentos é un dos seus grandes negocios. Negocio para unha minoría -fondos de inversión, empresas transnacionais, FIFA...- que se paga cos cartos de todas.

clasificacion: 
Etiquetas: 

Achegamos un novo texto de Xistra Souto que leva por título:

"Gabinete de comunicación"

O mesmo banqueiro que hai uns anos falaba nun inglés ridiculous, dicía hai uns meses o seguinte: “Es un momento fantástico para España, llega dinero de todas partes”.

O seu equipo de comunicación non funciona ben... a nós o seu sistema.

clasificacion: 

Volvemos a deixar un novo texto de Xistra Souto titulado "Goma".

Á volta da entrevista coa asistenta social atopo unha goma do pelo tirada no chan.

A recollo e comezo a fedellar con ela. Trato de saber canto a podo estirar.

Tras un rato ensimesmada volven palabras da asistenta: “no tenemos dinero”, “te tienes que arreglar con la RISGA”... Escoito aos nenos regresan da escola e lémbrome que comen na casa.