Crónica do obradoiro sobre axudas sociais coa xente da PAH

O pasado venres 19 de setembro ao redor de corenta persoas participamos no obradoiro sobre axudas sociais, impartido pola xente da ODS-Coia e organizado polas compañeiras da PAH Vigo-Baixomiño.

A idea da xornada era achegarse ao mundo das axudas sociais, coa idea de facer da información e do coñecemento das mesmas unha ferramenta colectiva para exixir os nosos dereitos.

Da man de Esther e Diego fixemos un percorrido pola RISGA e as Axudas de Inclusión Social, da Xunta de Galiza; e polas Axudas de Emerxencia Municipais do concello de Vigo. Falamos tamén das axudas extraordinarias do concello de Vigo, exemplo da tardanza e das dificultades de acceso a unhas axudas que apenas cobren os gastos básicos das persoas.

Na xornada quedou claro que a estrutura dos servizos sociais non se resolve nin de lonxe as necesidades básicas das persoas, menos agora nestes momentos de avance voraz do capitalismo, e que precisamos artellar respostas e xerar estratexias que de modo colectivo desborden a realidade. Algunhas destas estratexias que nomeamos foron a presentación de alegacións, a denuncia na rúa e sobre todo o coñecemento da realidade que nos está a tocar vivir.

Imaxes do obradoiro: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157647417544118/