Convocados pola "Asemblea de Movementos Sociais de Vigo" varios c

A Asemblea de Movementos Sociais de Vigo -formada por diferentes colectivos: PAH, Imán, Favec, RSP- convoca unha concentración o vindeiro xoves 24 de xullo as 12:00h diante do Concello de Vigo, na praza do Rei.

O motivo é denunciar a situación de total indefensión e precariedade na que, as institucións públicas, deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide dispor do imprescindible para vivir con dignidade.

Ademais estaremos acompañadas polas xentes de Baladre que rematan as marchas de verán en Coia.

Ante a nova publicada o pasado sábado 19 de xullo, baixo o titular “Nace la primera plataforma de fondos inmediatos para los más necesitados”, a ODS-Coia desexa puntualizar que non promoveu nin participou no festival solidario que se celebrou na asociación veciñal Val do Fragoso e que tampouco forma parte dunha plataforma cuxo obxectivo é “recaudar fondos y entregarlos de forma inmediata a las personas más necesitadas”.

Si é correcta a outra información que aparece publicada no mesmo artigo, relativa á participación da da ODS-Coia na convocatoria e organización, xunto co resto dos colectivos citados, dunha concentración polos dereitos sociais o vindeiro día 24 na Praza do Rei ás 12:00.

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conformamos sentimos a formación como algo central nas nosas formas de facer política. Formarnos entre iguais para comprender e actuar, compartir as nosas preocupacións e afondar nas análises sobre as nosas realidades.

Este verán, volveremos a por en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararnos a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulamos as nosas loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual.

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP.

O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do Mercado do Calvario (rúa Urzáiz 183) ofrecendo información sobre esta iniciativa e recollendo sinaturas de todas aquelas persoas. A mesa estará dende as 17:00 ata as 20:00.

A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional.

Onte xentes da ODS-Coia, da Parroquia Cristo da Victoria e de GAS co

O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO.

Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e ofrecendo información sobre esta ILP que busca garantir o dereito a vivir con dignidade para todas as persoas.

O luns 30 o colectivo Imán organiza unha charla informativa baixo o título: Axudas sociais municipais. Axudas de Emerxencia Social e o novo "Cheque Social".

Comezará ás 11h00 no centro cívico do Casco Vello na rúa Oliva 12.

A charla estará conducida pola nova compañeira Esther Lora, avogada e activista social.