marchas

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conformamos sentimos a formación como algo central nas nosas formas de facer política. Formarnos entre iguais para comprender e actuar, compartir as nosas preocupacións e afondar nas análises sobre as nosas realidades.

Este verán, volveremos a por en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararnos a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulamos as nosas loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual.

Varias compas acoden este 22M a Madrid para participar nas Marchas da Dignidade. Alí aproveitarán para berrar en contra das políticas da Unión €uropea, da troika e do Goberno e tamén para reclamar "pan, teito e traballo para todas".

As recoñeceredes xa que de seguro farán moita festa e porque levarán unha pancarta á que lle estamos a dar moito uso:

Vivir dignamente é un dereito!

Este ano, a piques de rematar, trouxo os 30 anos de existencia da coordinación Baladre. Para celebrarmos este aniversario este verán púxemonos en marcha.

A policía carga en Madrid tras o escrache feminista fronte ao Ministerio de Sanidade, no cal participaban as compañeiras da Marcha dos 30 anos de Baladre, e detén alomenos a un compañeiro de Málaga e agrede a varias persoas, entre elas a unha do G.A.S. á que lle abriron unha brecha na cabeza e tivo que ser hospitalizada, todo o noso apoio desde aquí ás compas, non podemos aceptar que a violencia e a represión policial nos calen.

Sse as protestas son pacíficas ou non pouco importa, cando a policía fai a súa aparición a violencia está presente sexa en forma de ameaza ou con toda a forza da que dispoñan. Se tocan a unha tocannos a todas!

Vídeo da detención: https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=0xecAdP2rz8

Achegamos os comunicados de Baladre:

PUESTO EN LIBERTAD EL COMPAÑERO CRISTIAN Y DADO DE ALTA EL COMPAÑERO QUE ESTABA HOSPITALIZADO, TRAS LA BRUTAL INTERVENCIÓN POLICIAL DE AYER EN LA MANIFESTACIÓN CONTRA LA REFORMA DE LA LEY DE REPRODUCCIÓN ASISTIDA EN MADRID

Esta madrugada fue puesto en libertad el compañero Cristian de la coordinación Baladre (coordinación contra la precariedad, el empobrecimiento y la exclusión), detenido ayer, y trasladado a la comisaría de Moratalaz durante la manifestación contra la reforma de la ley de reproducción asistida, celebrada frente al Ministerio de Sanidad y Política Social en Madrid.