Crónica da recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no derbi do fútbol galego

Esta martes 23 de setembro, as compañeiras da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS Coia), da parroquia do Cristo da Vitoria e e do Grupo de Axitación Social (GAS) continuamos coa campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular por unha RENDA BÁSICA ESTATAL.

Nesta ocasión, colocamos a mesa aproveitando o derbi entre o Deportivo e o Celta, nas inmediacións do Estadio de Balaídos, de 19h30 a 21h00.

Foron moitas as persoas (preto de 200) que nese tempo achegáronse a manifestar o seu apoio, mediante a súa sinatura, a unha iniciativa que pretende establecer no estado español unha renda básica, concebida como un instrumento de reparto da riqueza e redistribución da renda, que permita ás persoas, todas, sen distincións, acadar a satisfacción das súa necesidades básicas e vivir con dignidade.

Convencidas da importancia desta proposta, continuaremos coa recollida noutros puntos da cidade.

Porque outro sistema é posible e necesario! Porque temos dereito a vivir con dignidade!

---

imaxes: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157647542184080/