O martes 23 de setembro moitas persoas na Galiza estarán pendentes do derbi que xogan Celta e Dépor no estadio de Balaídos. As xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do G.A.S. queremos aproveitar esta festa do fútbol galego para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
Antes do partido, de 19:30 a 22:00, montaremos unha mesa -á altura da rúa Manuel de Castro 21 (preto da grada de Tribuna)- co obxectivo de recoller firmas a prol da Renda Básica.
Neste derbi queremos facer visible a importancia de tirar abaixo o capitalismo. O fútbol nestes momentos é un dos seus grandes negocios. Negocio para unha minoría -fondos de inversión, empresas transnacionais, FIFA...- que se paga cos cartos de todas.
Dous exemplos:
- Esta semana Facenda anunciaba que os clubs da Liga de Fútbol Profesional deben 564 millóns de euros.
Estamos cansas de escoitar que “non hai cartos” para cubrir as necesidades básicas das persoas. Por iso persoas e grupos de todo o Estado botámonos ás rúas para defender o dereito a unha vida digna por medio da recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €.