rendas mínimas

Achegamos un artigo que leva por título: "25 anos de Rendas Mínimas no Estado español: Das rendas mínimas á Renda Básica das Iguais e moito máis" escrito por Enrique García Escamilla, María Arrabali Márquez, Manuel S. Bayona e David Muñoz Rodríguez. Todas elas compañeiras de Baladre.

As rendas mínimas, encargadas de cubrir as necesidades básicas nos casos de ausencia de ingresos, están transferidas ás comunidades autónomas. Isto fai que existan enormes diferenzas entre territorios, xa que a lexislación, as partidas destinadas, o nivel de protección varían moito.

Deste xeito temos que en territorios como Navarra ou Euskadi o nivel de protección é moi elevado sobre todo se o poñemos en comparación con Galicia ou Cantabria.

Para seguir afondando no coñecemento desta crua realidade deixamos uns datos publicados o pasado ano no xornal El Norte de Castilla que dan unha imaxe xeral das rendas mínimas nas distintas comunidades do Estado.