Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

O vindeiro sábado 24 de febreiro convidamos a participar no obradoiro que baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos” conducirá María Campuzano (Alianza Contra a Pobreza Enerxética e Enxeñaría Sen Fronteiras).

O luns 5 de febreiro inauguramos nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria a exposición "O Vigo que [NON] sorrí" do fotógrafo Aarón Diez. Poderá visitarse en horario de tarde até o 25 de febreiro.

A finais de febreiro, na finde do 23-24-25, estará con nós María Campuzano. María participa na Alianza contra a Pobreza Enerxética e pertence ademais a Enxeñería Sen Fronteiras.

A finais de ano a Xunta penduraba o borrador do decreto que desenvolve a lei da RISGA. Xunto á publicación deste documento abren un período para presentar alegacións que finaliza o 19/01/2018.

Dende a ODS-Coia elaboramosuse unha proposta de alegacións, que animamos a presentar nos rexistros da Xunta antes do 19 de xaneiro a todas aquelas persoas comprometidas coa xustiza social (só tes que encher os teus datos e asinar).

Este sábado 13 de xaneiro activistas de diferentes colectivos sociales portarán imaxes de "O Vigo que [NON] sorrí", obra itinerante de Aarón Díez que procura denunciar a exclusión social na que malviven miles de viguesas.

Volvemos ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa "Caballero Vader". El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece...) e que empobrécenos a moitas.

O Estado Español non aparece nos mapas da fame. O norte civilizado reflicte conxuntamente “América do Norte e Europa” nas estatísticas mundiais do informe SOFI coas que anualmente a FAO reconta as millóns de persoas que non se alimentan de modo adecuado.

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais.

Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver.

Este xoves estará en Vigo unha compa de Baladre: Isa Álvarez. Da man da campaña Impórtanos! Isa falará sobre consumo, soberanía alimentaria, agroecoloxía... Será este xoves 23 de novembro a partires das 19:00 no edificio do antigo reitorado na rúa Oporto 1º - 2º andar.

Obviamente o titular é falso. O dicimos na primeira frase para que ninguén leve a engano. Xa nos gustaría que moitas máis na Galiza e no Estado Español apostaran pola Renda Básica das iguais (RBis) como ferramenta para reorganizarmos a vida dende abaixo cunhas mínimas condicións para todas.

Dámoslle pulo a un texto que nos chegou nestes días, no que varias familias galegas denuncian os atrasos no pagamento, por parte da Xunta de Galicia, das axudas para menores de 3 anos.