A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.
Partillamos a información sobre a mani en apoio ás compas do CSOA Escarnio e Maldizer desaloxado esta semana en Compostela. Todo o nosos apoio e agarimo!
Bloco a bloco desfam-se os muros. Se nos tiram os espaços, multiplicamos a solidariedade
Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais.
Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais.
A mediados de maio, 12-13-14 de maio, as xentes de Baladre estarán na Galiza para acudir ao encontro que nesas datas celebraremos en Vilán (Fornelos de Montes). Achegamos o programa e algunhas indicacións:
Partillamos o audio da palestra de Albert Sales o pasado 4 de marzo dentro da xornada "Cansadas de ser invisibles" que organizaron as compas de Alambique.
Dende a economía social, en concreto a xente de REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), escriben unhas letras a propósito dos recortes na Renta Garantía de Ingresos da CAV.
A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira.
Partillamos unha entrada dos nosos compas de Erletxea sobre a Renda Básica das iguais. Dende Irún, e xunto a moitas persoas e colectivos, tecen redes na procura doutras formas de vida máis respectuosas co planeta e coas persoas que o habitamos.