Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Volvemos a convocar unha concentración, coa xente do G.A.S., baixo o lema: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan! Será o vindeiro xoves 16 de xuño ás 11:00 nas oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela 4, baixo.

Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba as mudanzas do Bono de Alugueiro Social 2016. En ano electoral a sucesión de axudas que a Xunta lanza a golpe de DOG é un terror.

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas!

O vindeiro martes 31 de maio, a partires das 11:00, diante da oficina de Aqualia na rúa Venezuela convocamos unha concentración baixo o lema "Auga para todas".

No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos rec

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración.

Partillamos a información da campaña contra as deportacións que nos fan chegar dende o Foro Galego de Inmigración:

CORRIXIMOS! As nosas necesidades levaronnos a desbotar un trámite que aínda falta para que poidamos presentar as solicitudes do Cheque Social, até finais de mes non se abrirá o prazo para solicitar ditas axudas. Désculpade o erro ;)

Dende a Asemblea Aberta de Coia continúan cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto.

Esta semana, no Punto, tivemos a oportunidade de conversar cunha veciña e tras escoitar o seu relato viñéronnos á cabeza unhas verbas que Ruth López pronunciara na 2ª edición da Escola Ramón Fernández Durán:

Partillamos outro texto que puidemos escoitar a pasada fin de semana na Escola Ramón Fernández Durán da man de Toni Valero, compañeiro de Baladre que vive no Parke.

MUNICIPALISMO? SOBERANÍA COMUNITARIA? O MUNICIPALISMO É SOBERANÍA COMUNITARIA

Achegamos o texto da participación de Ruth López, compañeira de Baladre, na II edición da Escola Ramón Fernández Durán.

Crise social: repaso breve dos paradigmas sociais e do aumento das desigualdades. Posibles futuros