A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.
O pasado venres Eugenia Alonso deu unha rolda de prensa na que explicou os detalles do seu despexo e na que aproveitou para sinalar ás administracións responsables de verse privada dun teito.
O xoves varios colectivos da cidade xuntámonos nas escadas do MARCO para amosar a nosa solidariedade con Alfonso e Raúl. Eles foron detidos i encausados por representar unha obra satírica de monicreques nas festas de Entroido de Madrid. Para os poderes son terroristas, criminais.
Mañá venres 12 de febreiro convocamos unha ROLDA de PRENSA baixo o lema: "Eugenia desaloxada pola forza". Será a partires das 10:00 no salón de actos da parroquia "Cristo da Vitoria" (r/Baiona 9, Coia - Vigo).
Hoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves.
Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por varios colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas. O acto foi ben sinxelo pero directo nas nosas esixencias.