Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA #luzaugagasparatodas

Os dereitos non se agochan tras esmolas. Semella que a Xunta de Galicia, igual que o Concello de Vigo, non o queren entender e afánanse en agochar a pobreza enérxetica con  parches propagandísticos, miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias do noso país.

Para nós a miseria e a precariedade que provoca a privatización de dereitos básicos, convertidos, hoxe, en produtos de consumo sometidos ao mercado e non ao interese colectivo. Dereitos tan elementais como: poder vivir con luz, quentar os nosos fogares, ducharnos ou quentar a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora dos mercados. E mentres nós sufrimos a violencia dos cortes de luz, as grandes empresas enchen os petos facendo negocio coas nosas necesidades.

Ante isto a ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. convocamos unha concentración, o xoves 4 de febreiro ás 11:30, ás portas da Delegación da Xunta en Vigo para esixir suministros básicos para todas!

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais