2016 vai ser ano de eleccións autonómicas na Galiza. O goberno de Feijóo comeza a campaña enchendo o DOG de convocatorias: cheque bebé, ticket eléctrico, cambio de fiestras... Unha bocallada de medidas coas que o goberno quere agochar a perda de dereitos sufrida nestes anos.