2016 vai ser ano de eleccións autonómicas na Galiza. O goberno de Feijóo comeza a campaña enchendo o DOG de convocatorias: cheque bebé, ticket eléctrico, cambio de fiestras... Unha bocallada de medidas coas que o goberno quere agochar a perda de dereitos sufrida nestes anos. Así o 30 de decembro publícase no DOG o programa do Bono de Alugueiro Social. Lonxe de garantir o dereito a unha vivenda digna para todas, a Xunta ofrece uns cartiños para unhas poucas das máis empobrecidas.
Así o explica a propia administración autonómica o obxecto desta convocatoria: "A Xunta de Galicia dispón dun conxunto de medidas orientadas a atender ás situacións dos colectivos máis desfavorecidos, de forma especial para os que perden a súa vivenda por mor de execucións hipotecarias ou desafiuzamentos por falta de pagamento das rendas do aluguer. Entre estas medidas está o programa do Bono de Alugueiro Social, cuxa convocatoria para o ano 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro".
As axudas deste programa "destínanse a atender con carácter urxente ás unidades de convivencia afectadas por un procedemento de desafiuzamento por falta de pago das rendas da súa vivenda habitual, posibilitando o acceso a un novo contrato de aluguer ou, incluso, evitando o propio lanzamento da vivenda, así como a outros colectivos que precisan dunha axuda para facer fronte ao pagamento das rendas do aluguer".
Achegamos un pequeno resumo que fixemos que deixa de manifesto a restritividade destas axudas:
Beneficiarias:
1- Persoas con orden de desafiuzamento:
- Solicitude dentro dos 6 meses seguintes á notificación da demanda.
- Que a duración do contrato sexa de cando menos de 12 meses.
2- Vítimas de violencia de xénero, que residan nun centro de acollida e que a situación de violencia produzase dentro dunha relación de convivencia que cesara nos últimos 12 meses.
3- Persoas que perderon as súas casas por catástrofes.
Todos deben residir 12 meses antes na Galiza e non seren familiares do arrendador.
Tope ingresos segundo o número de membros (mínimo 1,5 veces IPREM= 745,51 €).
Tope da renda de aluguer = 400 € (Vigo). 480 €, no caso de familias numerosas ou vivenda adaptada.
Contía: Axuda mensual = 150 € (12 meses como máximo). Complemento opcional de 450 € para débedas pendentes ou fianzas por cambio de piso.
Prazo de resolución: 2 meses. Osilencio é negativo.
Orzamento: 1.425.000 € para 2016.Até que esgote o crédito, e en todo caso até o 30 de novembro.
---
Convocatoria: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/bono_...
Modelo de solicitude: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/solic...