Encontro de Baladre en Vilán (Fornelos de Montes)

A mediados de maio, 12-13-14 de maio, as xentes de Baladre estarán na Galiza para acudir ao encontro que nesas datas celebraremos en Vilán (Fornelos de Montes). Achegamos o programa e algunhas indicacións:

_LUGAR

A xuntanza será en Vilán (Fornelos de Montes). Nunha casa con finca acondicionada para acoller a grandes grupos. Está situada a +/-40 minutos de Vigo e ± 30 de Pontevedra.

_PROGRAMA

Venres 12/05

19:00 – Acollida e presentación do encontro
19:30 – Situación dos distintos territorios
21:30 – Cea

Sábado 13/05

9:00 – Almorzo
10:00 – Presentación da xente de ALSO (Alemaña)
10:30 – Relacións con outras: G20, Brasil+Arxentina+Chile, REAS, COOP-57, CAS, CGT, Ecoloxistas. Escuela Ramón Fernández Durán.
11:30 – Descanso
12:00 – Amnistía Social
13:00 – Edicións
14:00 - Xantar
16:00 – Polo público, o comunitario, o común: municipalismos e soberanías
17:30 – Descanso
18:00 a 20:00 – Como nos organizamos en Baladre?
21:00 - Cea
22:00 – Teatro: “Los rostros del silencio”

Domingo 14/05

9:00 – Almorzo
10:00 – “Que comen as que malcomen”
11:00 - Listas, Nosotras las personas, economía, “Caravana” Euskadi, vindeiro encontro (Alacant)
14:00 – Xantar

_OBSERVACIÓNS

- Precisamos que nos avisedes para saber cantas vides e cando.

- Traede saco de durmir, na casa hai habitacións con liteiras e colchóns no chan.

- Contacto: 696 618 732 – 656 624 528 - email: odscoia@riseup.net

_COMO CHEGAR A VILÁN?

- Desde Vigo (± 40 minutos): tomar dirección Redondela pola nacional N-552. No centro de Redondela, á beira do albergue de peregrinos tomar a PO-250 dirección Fornelos de Montes. Pasar o centro de Fornelos e a primeira vila é Vilán. A casa atópase nun camiño á dereita que estará indicado.

- Desde Pontevedra (± 30 minutos): tomar dirección Pontecaldelas pola PO-532. Logo de pasar Pontecaldelas tomar dirección Forzáns- Fornelos de Montes pola PO-255. Cando cheguedes a unha rotonda collede a PO-250 a Fornelos de Montes. Antes de chegar a Fornelos está Vilán, a casa está nunha baixada a man esquerda que estará sinalizada.

Máis info: www.coordinacionbaladre.org – odscoia.arkipelagos.net