Dende o venres 12 até o domingo 14 de maio Galiza acollerá o encontro da coordinación Baladre, será en Vilán (Fornelos de Montes).
Baladre é unha coordinación de colectivos e persoas, con sensibilidades diferentes pero que teñen unha vontade común: a de denunciar a desigualdade, o empobrecemento e a exclusión en calquera das súas formas. As nosas loitas móvense entre o local e o global. Aquelas nos xuntamos neste espazo atopamos en Baladre unha ferramenta que harmoniza a nosa diversidade de loitas pola transformación social. Dentro destas loitas destacamos a loita polo dereito á Renda Básica das iguais á que nos últimos anos engadimos dúas liñas de traballo: Que comen as que malcomen e Amnistía Social, xa!
Na organización do encontro participamos a ODS-Coia xunto a resto de baladrinas galegas. Deste xeito xuntarémonos en Vilán xentes de Euskadi, Salamanca, Andalucía, Asturies, Xátiva... ás que engadimos a participación dos compañeiros de ALSO (Oldemburg, Alemaña).
ALSO loita dende 1982 polo dereito a unha vida digna. É unha asociación rexistrada con independencia das administracións, empresarios ou sindicatos.
En ALSO asesoran a persoas en desemprego para co obxecto de facer valer os seus dereitos diante das prácticas das administracións. Coñecen a realidade das persoas afectadas polo empobrecemento e a denunciar en campañas sociais e políticas.
O programa completo do encontro o tedes neste enlace > http://odscoia.arkipelagos.net/encontro-de-baladre-en-vil%C3%A1n-fornelo...