Inicio

O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21.

O xoves 19 de xaneiro ás 11h00 a asociación veciñal de Teis, Os ninguéns e nós convocamos unha concentración ás portas da unidade de traballo social de Teis/Travesía (Dr. Corbal 21). Desde hai máis de dous meses esta oficina pecha xoves e venres por falta de persoal.

“O alcalde deu conta esta mañá da aprobación as axudas de emerxencia que non teñen límite orzamentario e que xa parten de inicio dunha cantidade de 1.125.000, 200.000 euros máis que o ano pasado”1, así comeza o texto publicado o xoves 17 de decembro na web do Concello de Vigo.

Levamos seis meses de Ingreso Mínimo Vital (IMV) e o Concello de Vigo aínda non foi quen de garantir que as beneficiarias desta renda accedan á tarxeta social de VITRASA. Ordenanzas e contratos sempre son difíciles de modificar cando as mudanzas supoñen novos dereitos para a veciñanza.

Ao fío da tradicional recollida destes días para o “Banco de Alimentos”, promovida pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), facemos varias preguntas: serve o reparto de comida para erradicar a pobreza?, que papel xogan as grandes superficies nesta campaña?, ten sentido que o dere

Achegamos o mapexo de Iniciativas Críticas de Traballo Social no Estado Español elaborado por Guisella Moreno Martín dentro do traballo de investigación presentado no seu traballo de fin de mestrado.

Varios colectivos da Galiza lanzamos a campaña "Normalizar dereitos" que ao longo de varias semanas pretende sensibilizar e denunciar a situación que padecen persoas migradas, refuxiadas e racializadas.

Achegamos un texto enviado desde Málaga polas compañeiras de Zambra, leva por título: "La Renta Básica de las Iguales una herramienta para nuestras vidas". Nestas letras recollen as experiencias coa Renda Básica das iguais nos últimos dez anos.

Máis de 3.000 organizacións e movementos sociais quixemos expresar a importancia do acceso aos servizos básicos de auga, luz e gas, e esiximos ao Goberno do Estado a recuperación da moratoria de cortes en pleno estado de alarma e pandemia mundial a través dun manifesto.

Dámoslle pulo a un novo editado por Zambra e Baladre, trátase do libro: ¿Qué comen las que malcomen? escrito a varias mans por Isa Álvarez, Mari Fidalgo, Ruth Herrero e Lucía Shaw.

Na 3ª edición da escola de acción social critica e transformadora que celebramos en Rubí a pasada semana presentamos o libro: "Acción social para la emancipación". O texto foi coordinado por Ruth López Herrero, Noelia Bribián, Koldobi Velasco e Manolo Sáez Bayona.

O pasado martes 30 de xuño "a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración con Cruz Vermella para a posta en marcha da tarxeta básica".

Esta mañá de xeito simultáneo en A Coruña, Compostela e Vigo persoas de diferentes colectivos xuntámonos ás portas dos edificios administrativos da Xunta de Galicia para presentar as propostas da campaña "Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital: RENDA BÁSICA XA!"