Inicio

O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21.

O xoves 19 de xaneiro ás 11h00 a asociación veciñal de Teis, Os ninguéns e nós convocamos unha concentración ás portas da unidade de traballo social de Teis/Travesía (Dr. Corbal 21). Desde hai máis de dous meses esta oficina pecha xoves e venres por falta de persoal.

O Espazo Aberto Antimilitar colectivo vigués formado por persoas que traballan pola construción dunha sociedade máis xusta e desmilitarizada lanza outro ano máis a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar baixo o lema: "Desinfectemos o

Dámoslle pulo á campaña da Alianza Contra a Pobreza Enerxética que anima á mobilización como resposta ás medidas tomadas polo Goberno ante a crise do COVID-19.

Encamiñamos esta proposta á que nos sumamos e damos pulo:

Medra a curva de contaxios do coronavirus e con ela tamén aumentan as nosas dificultades para cubrir necesidade básicas. Por iso precisamos máis que nunca políticas sociais, as cales foron recortadas e entregadas ao mercado, que garantan unha vida digna para todas.

Dámoslle pulo a esta peza de video na que a nosa compañeira Mari Fidalgo ofrécenos algunhas chaves para pasar estas semanas de confinamento. A crise provocada pola epidemia de coronavirus deixa de manifesto que os seres humanos son interdependentes e fráxiles.

Desde o punto información sobre dereitos sociais de Coia amosamos a nosa preocupación pola crise sanitaria e socioeconómica provocada polo Covid-19.

Achegamos o artigo pulicado por Diego Correa en Novas da Galiza, número de xullo de 2019, e que leva por título: "Florentino Pérez coida de Abel Caballero".

O 1 de xaneiro de 2007 comezaba a súa andaina a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, máis coñecida como «lei de dependencia».

Achegamos un especial de "Nosotras las personas" gravado co alumnado do Ciclo Superior de Intergración Social do colexio San Xosé da Guía, no que entre outros temas abordan o goberno de Abel Caballero nos últimos anos.

A onda privatizadora dos servizos sociais leva anos con ritmo acelerado. Na Galiza e Vigo non somos alleos a esta realidade.