folga

Encamiñamos esta proposta á que nos sumamos e damos pulo:

O vindeiro xoves 29M hai unha convocatoria de Folga Xeral e baixo o título "Flexiland. Goza do paraíso da flexibilidade. Cambiemos o xogo!" un grupo de xentes e colectivos baixo nome de iniciativa popular pola folga xeral van participar nela cun bloque autónomo.

Este é o texto elaborado e que van repartir na folga:

"Isto é a guerra de clases e a miña, a dos ricos, estaa a gañar".
Warren Buffet, home máis rico do mundo no 2010, e terceira fortuna mundial no 2012.

Eles téñeno claro. Porén, nós continuamos negándonos a ver a realidade.

Aceptamos “auto”rebaixas de salarios; poñer todo o noso tempo a disposición da empresa; ata traballar gratis, ou aceptar situacións de escravitude para cobrar un subsidio de desemprego ao que temos todo o dereito… Sen contar as subas de impostos, os recortes en sanidade, educación, cobertura social, etc. Todo isto porque estamos en crise, e a crise “aféctanos a todas”.

Cun primeiro horizonte de mobilización na folga xeral do 29 de marzo, varios colectivos e persoas organizan unha mesa aberta co seguinte título: Os "axustes anticrise" a debate. Nela intervirán:

- Nova reforma laboral. Recorte de dereitos no ámbito do traballo. Isidro Román (militante sindical).

- Recorte de prestacións sociais. Diego Lores (ODS-Coia).

Será o sábado 17 de marzo ás 20h30 na Cova dos Ratos (rúa Romil 3 -Vigo-)

As compañeiras de GAS elaboraron o texto que leva por título "Na defensa... das nosas vidas!" para a folga xeral do 27X. Aquí vai:

Porque iso é o que está en xogo.

Estásenos a presentar un futuro de afondamento na explotación xa presente.

Cun mercado de traballo onde os mínimos dereitos conseguidos ao longo da historia, serán iso, historia. Onde teremos que vender a nosa forza de traballo durante 40 anos para cobrar una pensión, que se poderá chamar digna, quizais, para quen fai da necesidade unha virtude. E deberemos ter cotizados como mínimo 15, quizais 20, ou xa veremos cantos anos, para ter dereito a unhas migallas.

Nos últimos días varios milleiros de automóbiles, estacionados en diferentes rúas de Vigo, atopáronse cunha inusitada multa nos seus parabrisas. A sanción imposta supón traballar até os 67 anos, con contratos cada vez máis precarios, despedimento libre e barato. En tanto que desempregada aceptar un control exhaustivo ou someterse aínda máis á explotación das ETT´s. Para alén diso cumprir co requisito de ter máis de 15 anos cotizados de cara á cobrar unha mísera pensión computada sobre os últimos 20 ou 25 anos traballados, pagar máis impostos directos e indirectos, esquecerse de subsidios e prestacións ou a perda de cobertura de dereitos sociais como son a educación e a sanidade grazas a súa progresiva privatización. No reverso da multa ábreselle á infractora a posibilidade de recurso mediante a súa participación na folga xeral convocada para o 27 de xaneiro así como unha serie de propostas de accións para as que non poidan secundala.

O pasado xoves 20 de xaneiro celebrouse unha mesa informativa en Coia organizada polo Espazo Unitario de Mobilización Social na que se analizaron os problemas que

Baladre

G.A.S.

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais