acción

As compas compostelás realizaron esta tarde unha acción nas oficinas de Gas Natural Fenosa para denunciar a pobreza enerxética que padecen as mulleres galegas.

Temos o gusto de presentar ao ROBÓN HOOD: “O Robin Hood do século XXI, que rouba ás que menos teñen para darllo aos ricos”. Velaquí a súa historia que está dentro das accións Los lunes al sol que podedes seguir nesta web: susbeneficiosnuestrascrisis.blogspot.com, ademais de na de Baladre:

"Érase una ves un hermoso reino al sur de los Pirineos. En aquel bello país vivía un apuesto caballero, muy preocupado por el temible azote de los mercados. Robón Hood se llamaba el caballero. Sí, habéis oído bien. Este es el primer punto en el que la historia oficial nos engaña: se llamaba Robón Hood, y no “Robin”, que es una cursilada.

Nos últimos días varios milleiros de automóbiles, estacionados en diferentes rúas de Vigo, atopáronse cunha inusitada multa nos seus parabrisas. A sanción imposta supón traballar até os 67 anos, con contratos cada vez máis precarios, despedimento libre e barato. En tanto que desempregada aceptar un control exhaustivo ou someterse aínda máis á explotación das ETT´s. Para alén diso cumprir co requisito de ter máis de 15 anos cotizados de cara á cobrar unha mísera pensión computada sobre os últimos 20 ou 25 anos traballados, pagar máis impostos directos e indirectos, esquecerse de subsidios e prestacións ou a perda de cobertura de dereitos sociais como son a educación e a sanidade grazas a súa progresiva privatización. No reverso da multa ábreselle á infractora a posibilidade de recurso mediante a súa participación na folga xeral convocada para o 27 de xaneiro así como unha serie de propostas de accións para as que non poidan secundala.