Crónica da mesa informativa sobre os últimos recortes

O pasado xoves 20 de xaneiro celebrouse unha mesa informativa en Coia organizada polo Espazo Unitario de Mobilización Social na que se analizaron os problemas que vai traer a reforma de pensións, os trocos introducidos pola reforma laboral e o recorte de dereitos sufridos no ámbito dos dereitos sociais.

Na mesa estabamos ademais da ODS-Coia dous membros de sindicatos (CXT e CUT), a mesa serviu de oportunidade para achegarse ás últimas medidas que acrecentan o recorte de dereitos que vimos padecendo nos últimos anos en distintos ámbitos. Na mesa estivo presente a necesidade da mobilización social para tentar de frear estes recortes, e unha data quedou marcada nos nosos calendarios que foi a folga xeral do xoves 27.

Podedes ver algunhas imaxes do acto que quitaron os compañeiros de Gzcontrainfo, neste enlace: www.flickr.com/photos/47009921@N02/sets/72157625869714678