iniciativa popular

O vindeiro xoves 29M hai unha convocatoria de Folga Xeral e baixo o título "Flexiland. Goza do paraíso da flexibilidade. Cambiemos o xogo!" un grupo de xentes e colectivos baixo nome de iniciativa popular pola folga xeral van participar nela cun bloque autónomo.

Este é o texto elaborado e que van repartir na folga:

"Isto é a guerra de clases e a miña, a dos ricos, estaa a gañar".
Warren Buffet, home máis rico do mundo no 2010, e terceira fortuna mundial no 2012.

Eles téñeno claro. Porén, nós continuamos negándonos a ver a realidade.

Aceptamos “auto”rebaixas de salarios; poñer todo o noso tempo a disposición da empresa; ata traballar gratis, ou aceptar situacións de escravitude para cobrar un subsidio de desemprego ao que temos todo o dereito… Sen contar as subas de impostos, os recortes en sanidade, educación, cobertura social, etc. Todo isto porque estamos en crise, e a crise “aféctanos a todas”.

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais