Inicio

O venres 3 de marzo ás 11h00 a A.VV. de Teis, Os ninguéns e a ODS-Coia convocamos unha nova concentración nas portas da UTS Teis/Travesía en Dr. Corbal 21.

O xoves 19 de xaneiro ás 11h00 a asociación veciñal de Teis, Os ninguéns e nós convocamos unha concentración ás portas da unidade de traballo social de Teis/Travesía (Dr. Corbal 21). Desde hai máis de dous meses esta oficina pecha xoves e venres por falta de persoal.

Vais achegando a segunda edición da escola de verán sobre acción social crítica e transformadora que se volverá a Zaragoza o 28, 29 e 30 de xuño de 2019. O CSC Luis Buñuel volverá a acoller a profesionais do mundo do social: traballadoras e educadoras sociais, psicólogas, pedagogas...

Nas últimas semanas varias persoas polo punto dando conta de que recibiran unha carta na que se lles indicaba que eran beneficiarias do Bono Social Térmico.

Partillamos un interesante artigo escrito por Débora Ávila Cantos e Sergio García García de Observatorio Metropolitano que leva por título "A mí me cuidan mis vecinas, no la policía".

Xa restan poucas semanas para a quinta edición da Escola de Movementos Sociais "Ramón Fernández Durán" que se vai celebrar no barrio de Buenos Aires (Salamanca) do 7 ao 9 de xuño.

Dámoslle pulo a actividade que este mércores 15 de maio organiza a Rede de apoio ás persoas refuxiadas. Convídannos á proxección do documental "Refugeless" (sen refuxio) de Eva Serós e Jose Márner. Será o mércores 15 de maio ás 20h00 no café "De catro a catro".

O venres 3 de maio ás 19:30 está convocada unha asemblea aberta co obxectivo de organizar "Sindicato Inquilinas de Vigo". Será nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" en Coia.

Hai uns días o Concello de Vigo anunciaba, outro ano máis, a apertura do prazo de solicitudes do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2019”.

O vindeiro sábado 6 de abril ducias de cidades en todo o planeta sairán ás rúas baixo o mesmo berro: "Piquemos a burbulla do alugueiro!

Dámoslle pulo á convocatoria das "Jornadas Anti-Carcerárias" que se vai celebrar en Vigo do 4 a0 6 de abril:

Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno.

Seguimos coa campaña galega "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" na que diversos colectivos e asociacións denunciamos a miserenta axuda social que é a RISGA.