Dámoslle a pulo a esta convocatoria das compas de Ecoloxistas en Acción para o venres 5 de xullo que aproveitan a chegada do veleiro ecoloxista Diosa Maat.
O veleiro ecoloxista Velero Diosa Maat - Ecologistas en Acción comezou a súa acción en 2019. Acompañarémolo na difusión da súa mensaxe sobre o impacto do turismo masivo no medio e tamén valoraremos a situación actual da nosa contorna: o asedio das Cies e o futuro Vigo.
As actividades programadas para o venres 5 son:
18h30 - Recepción do veleiro no Peirao de Vigo + acción performativa en colaboración con Fridays for future Vigo - Xuventude polo clima.
20h00 - Faladoiro no CSA "A Cova dos Ratos" con Xosé Manuel Barros: "A industria turística dos cruceiros e o seu impacto mariño" . Logo haberá mesa de reflexión e debate con Ana Vázquez (Guía acreditada Illas Atlánticas), Paula González (Técnica Superior Xestión Ambiental e Medio Rural) e Manel Iglesias (representante de Movemento Fridays For Future Vigo).